Publicador de contidos

Publicador de contidos

O testemuño do único vivo entre 242 pasaxeiros será crucial para esclarecer o sinistro aéreo da India

O testemuño do único vivo entre 242 pasaxeiros será crucial para esclarecer o sinistro aéreo da India

A posibilidade dun fallo simultáneo dos dous motores é unha das hipóteses

Faleceron polo menos 265 persoas, entre pasaxeiros, tripulación e os moradores do edificio contra o que se esnafrou

O achado dunha gravadora de vídeo do avión sinistrado na India pode ser clave para a investigación

G24.gal 13/06/2025 13:10

O voo operaba a ruta entre Ahmedabad e o aeroporto londiniense de Gatwitck, e nel viaxaban 169 cidadáns indios, 53 británicos, 7 portugueses e un canadense.

Os medios xa o chaman o pasaxeiro 11A ao único sobrevivente. Ía  preto da saída de emerxencia. Ten 40 anos e é residente no Reino Unido desde hai 20.  Relata que nin medio minuto despois de engalar o avión fixo un ruído moi forte. Despois esnafrouse. Ao primeiro ministro Narendra Modi recoñeceulle no hospital que non sabe nin como logrou saír da aeronave.

O resto dos feridos son habitantes do edificio contra o que caeu o aparato, un inmoble en que pereceron 24 persoas. 

Con parte da cola incrustrada aínda nos muros, a zona do accidente, que durante a noite era aínda escenario de extinción e desentullo, vai recuperando algo de calma. Continúa a busca con cans adestrados, pero as autoridades descartan que poida haber sobreviventes. 

O responsable de emerxencias declaraba onte á noite que hai 81 corpos identificados, mentres os familiares dos pasaxeiros son chamados aos hospitais, porque as identificacións terán que facerse por ADN.

A organización de aviación internacional xa está a recibir a cooperación de varios países para esclarecer as causas deste sinistro. Hai no mundo 1.175 unidades operativas deste modelo de avións, co que o interese autoridades esclarecer causas sinistro é máximo. É o accidente aéreo máis mortífero na India desde a colisión de dous avións en 1996 no norte do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade