Cargando resultados...
O tempo complica a recollida de percebes no Roncudo
Os percebeiros de Corme só traballan no Roncudo en xullo e no Nadal
Cada mariscador só pode coller como máximo 6 quilos de percebe

G24.gal
28/12/2021 14:24
No Roncudo, os percebeiros só collen dúas veces ao ano, en xullo e no Nadal, así que esta campaña é moi importante para eles.
Cada percebeiro, e son uns trinta nesta zona, pode coller como máximo seis quilos e teñen que apañalo en pouco máis de dúas horas, o tempo en que a marea baixa permite acceder ás rochas. Traballo arriscado, pero págase ben.
Os prezos dependen da poxa, aínda que xa se sabe por onde oscilan. As condicións do mar serán as que fixen os días que aínda apañarán no Roncudo, esta semana coa vista posta nas vendas de fin de ano.