Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos reclaman unha solución ao Goberno pola anulación do imposto de plusvalías

Os concellos reclaman unha solución ao Goberno pola anulación do imposto de plusvalías

O ditame do TC pechou a porta a reclamar o aboado

Só poderán pedir a devolución quen teña o proceso de reclamación en marcha
 

G24.gal 03/11/2021 14:42

Xa non haberá que pagar o imposto da plusvalía cando se venda ou herde algún inmoble, polo menos de momento. O Tribunal Constitucional acaba de notificar a sentenza. Anulou varios elementos polos que se rexe o cobro deste imposto, unha das figuras fiscais onde os concellos máis recadan, porque o prezo non se axusta á realidade do mercado inmobiliario.

Iso si, os que xa pagaron non volverán ver eses cartos, a sentenza non ten carácter retroactivo, só cobrarán os que reclamaran antes.

Os alcaldes piden explicacións ao Goberno, que asegura que xa están elaborando un texto legal para corrixir eses elementos que se declaran inconstitucionais.

"É un imposto que existe pero que non hai norma"

A avogada Candela González que asegura que os concellos sairán moi prexudicados. "O Goberno tivo dabondo dende as anteriores sentenzas, xa no ano 2017 para cambialo e non o fixeron. Se os concellos non teñen norma agora mesmo para podelo cobrar, é un imposto que existe pero que non hai norma, non hai artigos legais para podelo cobrar entón non poden recadar ese imposto polo de agora", asegura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade