O Sporting de Lisboa volve á carga por Yeremay
Segundo o diario Récord, o club luso tentará facerse co canario no próximo mercado, aínda que non esperará por el ata o último momento
Yeremay Hernández é a estrela do Deportivo e un dos xogadores de moda do fútbol español. O canario, que esta tempada suma catro goles e dúas asistencias, leva semanas acaparando portadas nos diarios e os pretendentes que ten desde fai varias xanelas de fichaxes seguen á espreita.
Segundo o xornal portugués Récord, o Sporting de Portugal, club que xa tentou a fichaxe do atacante o pasado mes de agosto, estaría decidido a asinalo no próximo mercado. Na directiva da entidade lusa hai unanimidade en realizar un novo intento polo canteirán branquiazul e cren que é o perfil que necesitan para dar un paso adiante na Liga.
Con todo, pretenden pechalo canto antes e non esperarán ata o último día de mercado para tentar evitar que a operación se converta nun serial. O Sporting CP presentou no verán unha oferta de 25 millóns máis cinco en variables, pero foi rexeitada. O Deportivo sempre foi moi claro: non negociará por el e remítese á súa cláusula de rescisión.
🦁 Perfil do extremo reúne o consenso da estrutura que tem em sua posse relatórios de todos os jogos do espanhol esta época. SAD acredita mas não volta a esperar até ao fim da janela
— Record (@Record_Portugal) November 12, 2025
👉 Sabe tudo aqui: https://t.co/nO4fxojaCT pic.twitter.com/rwVrHuuRj7