O Son do Camiño suma a DJ Snake, Dorian e Li/Lu e desvela o seu cartel por días
As entradas diarias estarán dispoñibles a partir do martes 24 de marzo ás 12:00 horas na web oficial do festival
O Son do Camiño 2026 sumou ao seu cartel a DJ Snake, Dorian e Li/Lu e desvelou xa os artistas que actuarán cada día nos escenarios do Monte do Gozo entre o 18 e o 20 de xuño.
Para o xoves, Katy Perry será a cabeza de cartel xunto a Dani Martín para arrincar unha edición que a organización promete "inesquecible" e con actuacións "cargadas de emoción e grandes hits".
CARTEL COMPLETO POR DÍAS #OSDC26 🤸🎡💫
— O Son Do Camiño (@OSonDoCamino) March 18, 2026
Xa está aquí!
Contamos con DJ Snake + Dorian + Li | Lu como novidades nesta edición
🚨 Haberá un pequeno cupo de entradas diarias que se porán á venda o 24/03 ás 12:00h#OSonDoCamiño pic.twitter.com/vQDEPH9DRr
Ese mesmo día, completan a xornada artistas como Carlos Ares, Leire Martínez, Barry B, The Molotovs, Michenlo e Falou Pablo. Mentres, no escenario Son Electro Repsol actuarán Aida Blanco, Barbara Lago, DJ Gigola, Héctor Oaks, MCR-T e Supergloss.
Xa o venres, a banda Linkin Park traerá ao festival "unha experiencia única" e o trío escocés Biffy Clyro subirá ao escenario do Monte do Gozo para mostrar a intensidade do seu directo, "con forza, melodía e emoción".
O cartel deste segundo día complétase con Hoobastank, Sexy Zebras, Nena Polaca, The Bloody Beetroots (DJ Set), D. Valentino e Corella, aos que se suman, no escenario Son Electro Repsol Carlita, Caste, Honeyluv, Hoonine, Jimi Jules e Viviana Casanova.
Para a última xornada, o sábado día 20, DJ Snake encabeza un cartel no que se inclúen tamén Lola Índigo, Guitarricadelafuente, Afrojack, Sen Senra, Mvrk, Dorian, Carlangas, Ortiga e Sarria.
Por último, no escenario Son Electro Repsol actuarán Bego Martin, Li/Lu, Patrick Mason (House Set), B2B Haai, Perel e Toute Sanders.
As entradas diarias estarán dispoñibles a partir do martes 24 de marzo ás 12.00 horas na web oficial do festival: www.osondocamino.es.