Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sindicato de maquinistas detectou vibracións na vía, pero non cre que fose insegura

O sindicato de maquinistas detectou vibracións na vía, pero non cre que fose insegura

"Se existisen indicios de que a infraestrutura fose insegura, paralizariamos o servizo", aseguran desde Semaf

A central defende a actuación dos maquinistas do Iryo sinistrado e afirma que actuaron de forma “exemplar”

Joaquin Corchero/Europa Press Joaquin Corchero/Europa Press
G24.gal 20/01/2026 11:26

O sindicato de maquinistas Semaf pediu que se revisase o protocolo de mantemento da infraestrutura ferroviaria tras detectar un aumento das "irregularidades" e "vibracións" nas liñas. Foi en agosto do 2025, coincidindo co incremento do uso das vías logo da liberalización do servizo e a entrada de novos operadores.

O secretario xeral do sindicato, Diego Martín, asegurou este martes que o fixeron polo confort dos viaxeiros e pola afección aos trens, pero non porque existisen indicios de inseguridade.

Dende a central non cren que a vía onde se produciu o accidente do domingo sexa insegura, pero si detectaron un déficit no seu mantemento.

"Se existiran indicios de que unha infraestrutura fose insegura, non tentariamos que os responsables establecesen limitacións ou mellorasen o mantemento, senón que paralizariamos o servizo, como fixemos no pasado", sinalou.

Martín pide que os informes que se realicen sobre o accidente se elaboren con "autonomía" e "independencia". Defende a actuación dos maquinistas do tren sinistrado de Iryo. Segundo dixo actuaron de forma “exemplar”, e explicou que cando se detecta unha irregularidade o protocolo establece que se debe accionar o freado de emerxencia e comprobar o estado do tren.

"Fixeron o que marcan os protocolos e actuaron de forma exemplar. O problema é que nunca esperaron un desenlace como o que ocorreu".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade