Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos sete detidos nunha ampla operación antidroga en varios puntos de Galicia

Polo menos sete detidos nunha ampla operación antidroga en varios puntos de Galicia

O dispositivo actou desde A Coruña ata a comarca pontevedresa do Salnés

Os axentes realizaron tres detencións en Pontevedra, dúas na Coruña, unha en Ferrol e outra en Arteixo

Arquivo/Policía Nacional Arquivo/Policía Nacional
G24.gal 20/01/2026 12:25 Última actualización 20/01/2026 13:31

A Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira despregaron este martes un amplo operativo antidroga en diferentes puntos de Galicia, desde A Coruña ata a comarca pontevedresa do Salnés, que suma sete detidos.

Fontes policiais detallaron que se procedeu á detención de dúas persoas na Coruña, unha en Ferrol, unha no municipio coruñés de Arteixo e tres en Pontevedra.

A operación policial contra o tráfico de drogas e crime organizado atópase baixo segredo de sumario. A maxistrada da praza 3 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña dirixe a investigación.

Durante a xornada deste martes houbo entradas e rexistros simultáneos en domicilios e locais da provincia da Coruña e de Pontevedra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En Arteixo interviñéronse dous vehículos, marcados por cans para a detección de drogas, para que sexan inspeccionados pola científica.

Un dos detidos xa quedou en liberdade en sede policial. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade