Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller en Ferrol nunha operación contra o xihadismo

Detida unha muller en Ferrol nunha operación contra o xihadismo

A intervención policial foi no barrio de Recimil, onde os axentes rexistraron unha vivenda e levaron caixas con material

A detención da muller produciuse no barrio ferrolán de Recimil (Policía Nacional) A detención da muller produciuse no barrio ferrolán de Recimil (Policía Nacional)
G24.gal 20/01/2026 12:42

A Policía Nacional detivo este martes unha muller en Ferrol pola súa suposta vinculación co xihadismo. A operación desenvolveuse durante varias horas nun inmoble do barrio de Recimil.

O dispositivo policial comezou á primeira hora da mañá deste martes e concentrouse especificamente nun inmoble de vivendas sociais situado no número 4 da rúa Ortigueira.

Os axentes fixeron un exhaustivo rexistro da vivenda, e retiraron diversas caixas con material que será analizado no marco da investigación.

A intervención finalizou ao redor das 11:40 horas, momento en que a detida foi sacada do edificio e escoltada ata un vehículo policial.

Está previsto que a detida sexa trasladada nas próximas horas a Madrid para ser posta ao dispor da Audiencia Nacional, o órgano competente neste tipo de investigación.

O operativo xerou sorpresa entre os residentes de Recimil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade