O Sevilla reacciona na Champions, pero cae á Europa League
Conseguiu a primeira vitoria da temporada no seu campo cun triunfo por 3-0 ante o Copenhague

O Sevilla gañou o primeiro partido da temporada no Sánchez Pizjuán, asegurou a presenza na Europa League como mal menor e queda pendente dunha carambola case imposible para poder meterse nos oitavos de final da Liga de Campións.
O que estaba na súa man era gañarlle ao Copenhague e asegurar a terceira praza do seu grupo por detrás do Manchester City e Borussia Dortmund. O equipo de Sampaoli dominou o partido pero tardou en marcar o primeiro gol. Foi no 61 cando En Nesyri anotou o primeiro tanto.
Llevándolo en volandas por siempre a ganar. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Ou0DRxj2YK
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 25, 2022
O partido quedou visto para sentenza no 88 co gol de Isco e o resultado redondeouno Gonzalo Montiel no engadido. Podía ter algunha opción na última xornada pero o empate entre o Dortmund e o City deixa o Sevilla como terceiro de grupo pase o que pase na última xornada.
🚀ISCAZO en el Pizjuán. #UCL#LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/aXx0y6Dew8
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 25, 2022