Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sevilla queda sen vitoria en Turín no sexto minuto do engadido

O Sevilla queda sen vitoria en Turín no sexto minuto do engadido

O partido de ida das semifinais da Europa League rematou en empata (1-1)

G24.gal 11/05/2023 22:28 Última actualización 11/05/2023 22:59

O Sevilla rozaba a sétima final da Europa League. As outras seis acabaron co título no Pizjuán o que demostra a relación tan especial que teñen os sevillistas con esta competición. O equipo de Mendilíbar estivo a piques de gañar e acabou empatando (1-1) no campo da Juventus.

Unha primeira metade moi seria do Sevilla permitiulle sacar moito rédito. Apenas deixou que a Juventus se achegase pola súa área e nunha fermosa contra En Nesyri marcou o gol. 

Na segunda metade o partido continuou polo mesmo camiño. Un querer e non poder da Juve (un lanzamento entre os tres paus durante todo o partido) diante dun Sevilla que se centrou en manter esa pequena vantaxe. 

Así se chegou ata o sexto minuto do engadido cando á saída dun córner o central Gatti rematou á rede o gol do empate. Rozouno o Sevilla pero terá que completar un gran partido no Pizjuán para superar a eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos