Publicador de contidos

Publicador de contidos

O servizo secreto dos EUA mata un home armado na masión de Trump

O servizo secreto dos EUA mata un home armado na masión de Trump

O mozo, de pouco máis de vinte anos, levaba unha escopeta e un bidón de gasolina

Entrara no perímetro de seguridade de Mar-a-Lago, a residencia do presidente en Florida

G24.gal 22/02/2026 16:52 Última actualización 22/02/2026 17:23

O servizo secreto dos EUA abateu esta madrugada un home armado que entrou de xeito "ilegal" ao perímetro de seguridade da residencia do presidente estadounidense, Donald Trump, en Florida.

O individuo faleceu no momento, segundo informaron as autoridades locais de Palm Beach nunha conferencia de prensa. O mandatario republicano non estaba en Mar-a-Lago durante o incidente, xa que pasou a fin de semana en Washington.

De acordo co alguacil de Palm Beach, dous axentes do servizo secreto detectaron unha persoa que entrara na zona de seguridade sobre a 1:30 horas. Cando foron investigar, atoparon un home que levaba unha escopeta e un bidón de gasolina.

Segundo o relato do shériff Ric Bradshaw, pedíronlle que soltase os obxectos e "levantou a arma", polo que decidiron disparar. ​​​​​​

As autoridades non aclaran se a escopeta que levaba o sospeitoso estaba cargada e indicaron que a investigación sobre o sucedido segue en curso, liderada polo FBI.

O home, que tiña pouco máis de 20 anos e era de Carolina do Norte, foi reportado como desaparecido hai uns días pola súa familia, segundo informan medios locais.

É a segunda vez que unha persoa armada entra nas propiedades de Trump en Florida. En 2024, durante a campaña electoral, un home foi acusado de tentar asasinar a Trump mentres estaba no seu club de golf en West Palm Beach.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade