Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP acusa a Marlaska de tentar boicotear a investigación sobre Zapatero e Plus ultra

O PP acusa a Marlaska de tentar boicotear a investigación sobre Zapatero e Plus ultra

Nun comunicado, os populares din que o ministro de Interior está a "boicotear" a comparecencia do próximo xoves no Senado de Julio Martínez Martínez, sinalado como "posible testaferro" do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero  ​​​​

O Partido Popular impulsará un relatorio no Senado para auditar a gestion de Marlaska en Interior

O ministro do Interior no Congreso. Foto: Europa Press/Eduardo Parra O ministro do Interior no Congreso. Foto: Europa Press/Eduardo Parra
G24.gal 22/02/2026 17:56

O Partido Popular acusa ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, de "boicotear" a comparecencia do próximo xoves no Senado de Julio Martínez Martínez, sinalado como "posible testaferro" do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero.  

Segundo o  PP, non localizalo por ter nome e apelidos comúns é unha excusa máis polo temor, din os populares, ao que pudiese dicir. Aseguran que o testimonio de Julio Martínez é clave para esclarecer a investigación do "escándalo de Plus Ultra" . Podería ter cobrado unha comisión polo rescate, cartos que supostamente devolvería a Zapatero facturándolle asesorías pantasma.

Os populares acusan ao Ministerio do Interior de "negarse a localizar de maneira inxustificada" a Julio Martínez Martínez, empresario que citou na Comisión de investigación do caso Koldo no Senado para indagar sobre a súa relación co expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero e o rescate da aerolínea Plus ultra.

No comunicado, o PP do Senado sostén que unha decisión así só pódese tomar se o ministro, Fernando Grande Marlaska, deu "unha instrución clara para boicotear a comparecencia do posible home de palla de Zapatero ou que algún destacado dirixente sanchista estea a tentar torpedear por todos os medios que se poida producir esa comparecencia polo temor do que puidese dicir".

Os populares lembran que o pasado xoves a Mesa da citada Comisión aprobou que o presidente de Plus ultra comparecese o mércores 25, que Julio Martínez Martínez acudise á Cámara Alta o día 26 e que Zapatero fose citado para o 2 de marzo.

Segundo explican, como é habitual deuse traslado desas citacións ao departamento que dirixe Fernando Grande Marlaska, pero de forma "inaudita" na historia das comisións de investigación, respondeu que era imposible localizar a Julio Martínez Martínez porque con eses nomes e apelidos hai moitas persoas en España.

Para o PP trátase de "unha escusa ridícula", tendo en conta que foi detido no marco da investigación xudicial aberta ao redor de Plus ultra e que está imputado e  denuncia que non é a primeira vez que Interior "pon paus na roda" á comisión de investigación que traballa no Senado e sinala que, se finalmente non se lle entrega a citación para comparecer o xoves 26, volverá convocalo e buscará fórmulas para "superar calquera veto do Goberno". 

 

Cuca Gamarra no Congreso dos Deputados. Foto: Europa Press/ Gabriel Luengas Cuca Gamarra no Congreso dos Deputados. Foto: Europa Press/ Gabriel Luengas

O PP impulsará un relatorio no Senado para auditar a gestion de Marlaska en Interior

O Partido Popular impulsará un relatorio na Comisión de Interior do Senado, onde conta con maioría absoluta, para "auditar" a xestión de Fernando Grande Marlaska á fronte do Ministerio de Interior ao considerar que levou a ese departamento a "unha degradación sen límites".

Nun vídeo remitido aos medios, a vicesecretaria de Rexeneración Institucional de PP, Cuca Gamarra, explica que a súa intención é avaliar todas as medidas adoptadas por Interior, desde a política penal á xestión da querela por presunta agresión sexual contra o número dous da Policía, e expoñer "todos os trapos sucios".

"Vive moi cómodo nas tebras, así que urxe lanzar luz", subliña a dirixente popular, quen denuncia, por exemplo, o impulso dunha política de beneficios penais que favorece aos presos de ETA "a cambio dos votos de Bildu".

Gamarra insiste en que se Marlaska non coñecía "feitos tan graves" como os que se atribúen ao ex director operativo da Policía debe dimitir por incompetente, considera que está "desnortado política e moralmente" e acusa o Goberno de levar a España a unha situación de "putrefacción":

"En Ferraz dedícanse a defraudar; en Moncloa, a facer negocios; na primarias de Sánchez, ás fraudes electorais; e na cúpula de Interior, a cometer delitos", proclama.

E carga tamén contra os socios o Executivo, que, di, "tragan con todo con tal de sobrevivir e así van paso a paso ao precipicio".

Gamarra aproveita ademais a súa intervención para criticar a próxima regularización extraordinaria de inmigrantes ao estimar que vai xerar un efecto chamada e que será un "coladero" se se dá por boa a declaración responsable do estranxeiro sobre a ausencia de antecedentes penais e se non se teñen en conta os antecedentes policiais ou as causas pendentes en España

Supón ao seu xuízo, "blindar a quen xa cometesen delitos", en España, "unha absoluta temeridade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade