Trump responde á anulación dos aranceis por parte do Supremo dos EUA anunciando que imporá un global do 10%
Trump responde á anulación dos aranceis por parte do Supremo dos EUA anunciando que imporá un global do 10%
O presidente estadounidense asegurou porá a medida en marcha "dentro de tres días" e amparado nunha lei de 1974
O Tribunal Supremo dos EUA declara ilegais a maioría dos aranceis impostos por Trump
O presidente dos EUA comparece na Casa Branca ante a prensa tras coñecer a decisión xudicial. Reuters
Donald Trump, anunciou este venres que imporá un arancel global do 10 % tras coñecer a decisión do Tribunal Supremo de anular parcialmente os aranceis e apuntou que o fará "dentro de tres días" e amparado nunha lei de 1974.
“Asinarei unha orde para impoñer un arancel global do 10 % en virtude da Sección 122 (da Lei de Comercio de 1974), ademais dos aranceis normais que xa se están cobrando. Tamén estamos a iniciar varias investigacións en virtude da Sección 301 e outras, para protexer ao noso país das prácticas comerciais desleais doutros países e empresas”, declarou Trump.
A Lei de Comercio de 1974 é unha norma histórica dos Estados Unidos que outorga ao presidente facultades para impoñer aranceis de ata o 15 % durante períodos de 150 días.
Trump, que asegurou que conta con "alternativas moi poderosas" para impoñer aranceis, explicou que vai recorrer a tres leis que farán máis complexa a implantación dos aranceis, pero que lle permitirán seguir coa súa política económica a pesar da decisión do Supremo.
"É un proceso un pouco máis longo. Tentei simplicar as cousas, pero non nos deixaron facelo", asegurou na súa comparecencia #ante a prensa apenas tres horas despois de que a súa medida estrela fose parcialmente anulada polo poder xudicial estadounidense.
Ademais da Lei de Comercio de 1974, tamén mencionou a Lei de Expansión Comercial de 1962, asinada polo presidente John Fitzgerald Kennedy en plena Guerra Fría, e que lle permitiu ampliar a autoridade presidencial para negociar acordos comerciais e modificar aranceis.
Tamén apelou á Lei Arancelaria Hawley-Smoot de 1930 (ou Smoot-Hawley), unha norma estadounidense aprobada o 17 de xuño de 1930, que aumentou os aranceis de importación a niveis historicamente altos, co propósito de protexer ás industrias e agricultores estadounidenses da competencia estranxeira.
O fallo da Corte Suprema establece que o Goberno estadounidense non ten facultades inherentes en tempos de paz para impoñer aranceis sobre a base da Lei de Poderes de Emerxencia Económica Internacional (IEEPA) de 1977 invocada por Trump como piar da súa guerra comercial, xa que considera eses gravames un imposto e por tanto requiren da aprobación do Congreso.
O presidente, visiblemente contrariado pola decisión xudicial, asegurou que "a Corte Suprema non anulou os aranceis. Simplemente anulou un uso particular dos aranceis da IEEPA".
"Podo facer o que queira coa IEEPA, impoñer un embargo total, pero non podo cobrarlle a ninguén nin un dólar por iso. É ridículo, pero non importa, porque temos outras maneiras, moitas outras maneiras", concluíu Trump.