Publicador de contidos

Publicador de contidos

O serial Denis entra na recta final e o Celta tería marxe para fichar

O serial Denis entra na recta final e o Celta tería marxe para fichar

Luis Campos convenceu a Carlos Mouriño de que era a opción máis razoable para traer o reforzo que precisa o equipo

G24.gal 26/01/2023 07:38

Todo indica que nas próximas horas será oficial a saída de Denis Suárez ao Español. Será en calidade de cedido ata o final de temporada porque a partir do un de xullo Denis Suárez é libre e xa ten asinado un acordo co Vilarreal.

Luis Campos acelerou a resolución dun problema que tiña o Celta. Convenceu a Carlos Mouriño de que a mellor solución era liberar a masa salarial de Denis Suárez e así poder ir ao mercado de fichaxes. O Celta terá a oportunidade de traer un reforzo, se cadra, para potenciar o centro do campo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade