Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas reforza a simulación clínica para formar profesionais

O Sergas reforza a simulación clínica para formar profesionais

Busca avanzar na especialización médica e na seguridade dos pacientes

G24.gal 11/01/2023 14:35

Formar a través da simulación é unha ferramenta cotiá. Indispensable cando dese adestramento dependen vidas humanas. O Sergas acaba de crear a Rede de Centros de simulación clínica avanzada.

Neste, o paciente é un manequín, pero reacciona como un humano. Dotado de complexos sensores e avanzada tecnoloxía altamente realista. Os alumnos, profesionais sanitarios, responden ante distintos escenarios guiados e controlados.

Antonio Fernández-Campa, xerente da ACIS, a Axencia de Coñecemento en Saúde, di que "o que permite é repetir casos reais pero nun ámbito de simulación. Nun ámbito seguro, en que o erro non produce ningún problema máis que a aprendizaxe sobre o mesmo. De ir a temas moi básicos, como é a aprendizaxe en técnicas de RCP a outras máis complexas como pode ser a simulación na cirurxía robótica".

O Sergas ten equipamentos de simulación clínica nas distintas áreas sanitarias, que se foron especializando segundo as necesidades dos centros. Agora, vai situalos en rede. Compartir experiencias e custos.

Fernández-Campa engade que "tratando de especializar os equipamentos e os profesionais e os monitores que traballan nestas técnicas de simulación en cada área e poñéndoas en común para todo o Servizo Galego de Saúde".

Un comité asesorará sobre investimentos e cursos cunha meta: avanzar na formación dos profesionais e na seguridade dos pacientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade