Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os novos nutricionistas de atención primaria traballan na prevención a través da alimentación

Os novos nutricionistas de atención primaria traballan na prevención a través da alimentación

94 profesionais deste ámbito incorporáronse aos seus postos centros de saúde

A súa función será previr as enfermidades non transmisibles e debidas a unha alimentación errónea

G24.gal 16/01/2023 09:54

Acaban de incorporarase ás súas consultas nos centros de saúde. Son 94 diplomados en Nutrición Humana e Dietética, e neste ano de probas verase se son suficientes para atender a demanda de todos os usuarios da sanidade galega.

"A idea do proxecto é que todos os galegos teñan acceso ao dietista nutricionista malia que hai máis centros de saúde que nutricionistas, pois nós temos uns centros de referencia que abarcan diferentes puntos de asistencia sanitaria. Por exemplo, eu recibo pacientes de Oroso e do Val do Dubra", explica Anxo Carreira, nutricionista do Centro de Saúde de Galeras, en Santiago.

E noutros casos, son os nutricionistas os que fan quendas en diferentes ambulatorios. "A nosa actuación vaise centrar nos factores de risco modificables ligados á alimentación. A tensión arterial ten relación coa alimentación, por exemplo, no que sería o consumo de sal. Tamén podemos pensar no colesterol alto, na hipertrigliceridemia...", explica Anxo Carreira.

O seu labor será controlar eses factores de risco e elaborar dietas axeitadas. Tamén introducir bos hábitos desde a etapa pediátrica. Alimentos ultraprocesados, ricos en graxas de mala calidade ou con moita cantidade de azucre están relacionados coa aparición de moitas doenzas que poden evitarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade