Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas citou máis de 3.000 nenos para vacinarse da gripe esta fin de semana en Santiago

O Sergas citou máis de 3.000 nenos para vacinarse da gripe esta fin de semana en Santiago

Remata con éxito o programa de vacinación da gripe aos menores de cinco anos que o Sergas estuda estender ás demais áreas sanitarias co obxectivo de darlle un empurrón á inmunización da poboación pediátrica

G24.gal 20/11/2022 21:08 Última actualización 20/11/2022 21:20

As dúas primeiras xornadas de vacinación masiva da gripe dirixidas á poboación infantil remataron no hospital clínico de Santiago. Neste programa piloto había citados preto de 3.300 nenos e nenas menores de 5 anos. 

"O que pretendiamos é que os pais puidesen acceder de forma doada á vacina e aumentar a cobertura da vacina da gripe sobre todo nese grupo de idade de seis meses a cinco anos, que a priori non son pacientes de risco pero si son uns grandes transmisores da enfermidade", afirma a pediatra Susana Rey.

O Sergas estima que o pico da gripe podería chegar dentro dunhas semanas e quere darlle un pulo á vacinación da poboación pediátrica. O 27 por cento dos menores de 5 anos recibiron xa a inxección.

"A poboación galega ten a sorte de que a vacina se incluíu na campaña oficial e que somos a primeira comunidade que levamos adiante esta vacinacion da gripe, que ademais é unha enfermidade que agora mesmo está entre os nenos e os adultos. Nos centros de saúde están case o dobre da demanda de consultas que hai un mes e os centros de urxencias pediátricas tamén, di  Susana Rey.

A experiencia piloto desta fin de semana en Santiago podería estenderse nos vindeiros días a outras áreas sanitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade