Cargando resultados...
O serbio Dragan Apic renova unha tempada co Breogán
Na súa primeira tempada na liga Endesa, o xogador balcánico mediou 6 puntos, 3 rebotes e 0,7 asistencias nos 15 minutos de media
G24.gal
04/06/2025 12:14
Última actualización 04/06/2025 16:53
O pivote serbio Dragan Apic ampliou un ano máis, ata xuño de 2026, o seu contrato co Río Breogán, ao que chegou o pasado verán procedente do Le Mans francés.
Na súa primeira tempada na liga Endesa, o xogador balcánico mediou 6 puntos, 3 rebotes e 0,7 asistencias nos 15 minutos de media que estivo en pista dos 34 partidos que disputou coa camiseta breoganista.
A súa renovación únese ás anunciadas recentemente do serbio Aleksandar Aranitovic, o base croata Dominik Mavra e o internacional letón Arturs Kurucs. Ademais, o capitán Erik Quintela ten un máis de contrato co Breogán.