Cargando resultados...
O segundo test de saliva para menores de balde xa está nas farmacias
A proba, de balde, pretende favorecer unha volta ás aulas máis segura
G24.gal
08/01/2022 12:55
Xa está dispoñible de balde nas farmacias un novo test de saliva para menores de cinco a once anos. Con esta proba de antíxenos, o Goberno galego pretende favorecer unha volta ás aulas máis segura.
O Sergas avisa as familias a través dunha mensaxe de texto que enlaza cun vídeo explicativo de como se debe facer. É o segundo test deste tipo que se reparte de balde entre os menores.
A poboación infantil prefire a proba de saliva á do hisopo, porque é menos invasiva. Pódese conseguir en calquera farmacia coa tarxeta sanitaria.