Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector porcino galego sofre xa cancelacións de pedidos do Xapón e alerta dunha caída de prezos

O sector porcino galego sofre xa cancelacións de pedidos do Xapón e alerta dunha caída de prezos

EFE/JAVIER BELVER EFE/JAVIER BELVER
G24.gal 02/12/2025 17:01 Última actualización 02/12/2025 17:11

O sector porcino galego afronta cancelacións de pedidos desde O Xapón tras detectaren casos de peste porcina africana en Cataluña, segundo explica o presidente da Federación Galega de Porcino (Fegapor), Pablo Meijomín.

O responsable sectorial advirte de que o impacto pode ser moi elevado, aínda que dependerá das negociacións con países como Xapón e México e do control do foco.

Seis positivos en Cataluña

O delegado do Goberno en Cataluña confirmou seis positivos en xabarís mortos localizados na contorna de Collserola (Barcelona), segundo datos do Ministerio de Agricultura.

Neste escenario, unha industria galega sufriu xa a cancelación dos encargos previstos para esta semana e a seguinte.

Os produtores alertan tamén dunha caída de prezos duns 10 céntimos no momento do ano no que a carne de porco adoita marcar os valores máis baixos.

O presidente de Fegapor sinala que a produción xa está por debaixo dos custos.

O sector pide un plan específico para Galicia

Galicia conta con 1.280 granxas e 25.000 explotacións de autoconsumo. Representantes do sector pediron este luns á Consellería do Medio Rural un plan de continxencia específico para Galicia, que inclúa a produción en extensivo, como o porco celta e o porco ecolóxico.

Meijomín considera que a elevada poboación de xabarís na comunidade é un risco para os animais criados en extensivo e cualifícaa de praga.

Entre as medidas reclamadas figuran formación para os veterinarios comarcais, dispoñibilidade de material como reixas e protocolos claros de aviso á Policía Autonómica e á Unidade Militar de Emerxencias.

Desde Vilalba (Lugo), o responsable da fábrica de xamóns e embutidos Atilano Anllo afirma que crises como esta evidencian a necesidade de controlar a poboación de xabarís.

Tamén lembra que España é un país moi exportador de carne de porco e que a chegada da peste porcina africana pode provocar unha caída importante dos prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade