Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector mar-industria galego acolle con alivio a nova lei de costas do Goberno galego

O sector mar-industria galego acolle con alivio a nova lei de costas do Goberno galego

A normativa garante a seguridade xurídica e a viabilidade das empresas

O sector valora en positivo a simplificación dos trámites do novo regulamento para solicitar permisos e autorizacións 

G24.gal 27/04/2023 14:27 Última actualización 27/04/2023 19:03

Centos de empresas tiveron que frear a súa planificación de negocio e paralizar os seus proxectos polos límites impostos polo regulamento de costas do Ministerio de Teresa Ribera.

O sector apoia que a xestión do litoral se faga desde Galicia cunha norma propia adaptada á realidade da nosa costa. Para as empresas do litoral a nova lei do Goberno galego despexa o seu futuro e garante a viabilidade do sector.

Ademais valoran moi positivamente a simplificación dos trámites que contempla o novo regulamento para solicitar permisos e autorizacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade