Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector funerario, contrario a incinerar en cadaleitos de cartón

O sector funerario, contrario a incinerar en cadaleitos de cartón

A medida proposta polo PSOE pretende reducir a contaminación

G24.gal 27/09/2022 15:25

Hai uns días coñecíase unha proposta para empregar ataúdes de cartón en vez de madeira. Fíxoa o PSOE, para que as incineracións contaminen menos. A medida esperta reaccións encontradas na rúa. Onde hai unanimidade é no sector funerario. Consideran que a medida levaríaos á ruína.

Nunha fábrica situada no concello ourensán de Piñor explican que fabrican ao mes unhas 200 caixas, máis da metade destinadas á incineración, un método cada vez máis empregado nos funerais.

Así que de saír adiante esta proposta que debaterá o Goberno de cambiar a madeira polo cartón deixarían din ao sector á beira do peche, as perdas serian cuantiosas e afectaría numerosos postos de traballo.

Din os impulsores da medida que queren reducir as emisións contaminantes á hora de incinerar os mortos.

Desde o sector das funerarias din que xa na actualidade as caixas para incinerar son sen ferraxes, con tecidos biodegradables e pinturas que non contaminan. Os fornos crematorios tamén teñen filtros que reducen a emisión de tóxicos.

A proposta para empregar cadaleitos de cartón tamén vai acompañada doutras medidas como vestir os defuntos con fibras naturais e situar os novos crematorios fóra dos núcleos urbanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar