Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector dos transportistas ve "insuficientes" as axudas do Goberno

O sector dos transportistas ve "insuficientes" as axudas do Goberno

Falan de "decepción" e ameazan con mobilizacións se o Goberno non rectifica as medidas de axuda antes de que finalice este mes de marzo

O sector asegura que incluso coas axudas aprobadas "non poden seguir traballando a perdas"

G24.gal 22/03/2026 14:36 Última actualización 22/03/2026 14:53

Os transportistas son un dos sectores máis prexudicados polos efectos da guerra en Irán en canto aos prezos dos carburantes. Cualifican de "insuficientes" as axudas do Goberno, co desconto de 20 céntimos por litro do gasóleo profesional e a rebaixa do IVE do combustible do 21 % ao 10 %.

"Son completamente insuficientes. O que nos están dando falan de 20 céntimos, pero en realidade son 15, porque 4,9 xa os tiñamos e non nos dan outra cousa", di Manuel Otero, vicepresidente de APETAMCOR (Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por estrada de Galicia).

Manuel é transportista, ten uns 28 camións, consume máis de 90.000 litros de carburante ao mes e as contas non lle dan.

"Un camión gasta 4.000 ou 5.000 litros ao mes, ou 6.000, dependendo do traballo que teñas. Cunhas subas dun 50 e pico % do importe do hidrocarburo, que facemos nós, quen paga todo iso?"

No sector falan de "profunda decepción" polo paquete de medidas fronte os efectos da guerra. Cren que mentres que aos vehículos particulares alíviaselles un 100 % da suba, aos transportistas só lles amortizará o 50 % do sobrecusto.

Moitas organizacións ameazan con posibles mobilizacións a nivel nacional se o Goberno non rectifica estas medidas antes de que finalice este mes de marzo.

"Non podemos traballar a perdas. Vai haber mobilizacións porque se non se cambian as medidas isto é inaguantable", asevera Manuel Otero.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos