O sector do transporte de viaxeiros por estrada mobilízase polo prezo dos combustibles
Esta tarde manterán unha xuntanza con representantes do Ministerio de Transportes para demandarlles medidas para paliar a situación en que se atopan
Co prezo dos combustibles en máximos históricos dende hai semanas, colectivos como o dos taxis, as ambulancias ou os autobuses din estar contra as cordas. Non poden repercutir nos servizos o incremento dos custos, que nalgúns casos chega a superar o 50 por cento, por iso piden ao Goberno que adopte medidas que permitan por freo a esta situación.
O sector do transporte de viaxeiros manterá unha xuntanza esta tarde con representantes do Ministerio para exporlle as súas demandas. Esixen solucións semellantes as que se lle ofrezan ao transporte de mercadorías. Para o vindeiro domingo convocaron unha manifestación en Madrid.