Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector bateeiro alcanzou a cifra máis alta de facturación dos últimos 20 anos

O sector bateeiro alcanzou a cifra máis alta de facturación dos últimos 20 anos

A venda de mexillón alcanzou case 151 millóns de euros, cun prezo medio por quilo de 69 céntimos

G24.gal 29/03/2023 16:06

O sector bateeiro galego pechou 2022 cun récord nas vendas de mexillón coa a maior facturación dos últimos 20 anos.

Foron case 151 millóns de euros, uns 12 millóns máis que o ano anterior. Unhas cifras que se conseguen mesmo cunha produción menor, xa que aumentou o prezo do quilo. O ano pasado pagouse de media a 69 céntimos fronte aos 55 de 2021.

Con todo, o sector apunta que hai que ter en conta que tamén se incrementaron os gastos de produción. Co conflito da mexilla aberto, temen que este ano teñan peores resultados.

A cifra máis alta en volume de produción dos últimos anos rexistrouse en 2006, con case 300 millóns de quilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade