Publicador de contidos

Publicador de contidos

O santiagués Borja Iglesias, convocado por Luis Enrique

O santiagués Borja Iglesias, convocado por Luis Enrique

Non están convocados Iago Aspas, máximo goleador español da Liga, nin Brais Méndez

G24.gal 16/09/2022 11:40 Última actualización 16/09/2022 18:17

Non houbo sorpresa en clave do Celta na lista de Luís Enrique para os próximos compromisos da selección española, contra Suíza e Portugal na liga das Nacións.

O máximo goleador español no que vai de Liga -e que tamén o foi da tempada pasada-, Iago Aspas, non foi citado polo técnico, tal e como se esperaba. De feito, transcorreron máis de tres anos desde que foi chamado por última vez. Os atacantes elixidos son Sarabia, Nico Willians, Asensio, Morata, o compostelán e excéltico Borja Iglesias por primeira vez, Jeremy Piñeiro e Ferrán Torres.

Luis Enrique gabou a Borja Iglesias:

"Ten nivel para asociarse, ten gol, poderío físico"

"Gústame o seu estilo, sempre sorrindo no campo"

 

O Celta replicou con este chío

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar