Publicador de contidos

Publicador de contidos

O San Sadurniño remonta e leva o derbi nun partido tolo

O San Sadurniño remonta e leva o derbi nun partido tolo

G24.gal 29/01/2022 20:31

E que derbi galego vivimos esta tarde na G2. Un emocionante partido que chegou ao set definitivo. 

Animado polo seu público, o Intasa San Sadurniño foi quen de darlle a volta ao 0-2 co que se puxo o Arenal Emevé por 27-29 e 22-25. Os tres seguintes sets caeron do lado local por 25-20 25-21 e 15-10, desatando a tolemia en San Sadurniño.

É a segunda vitoria da temporada, que non abonda para deixar a última praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade