O San Ramón de Bealo, en Boiro, unha das romarias máis antigas de Galicia
As mulleres xestantes acoden a pedirlle ao santo un embarazo e un parto sen complicacións
Centos de mozos acampan desde onte e viven unha xornada ininterrompida de troula
Neste 31 de agosto, San Ramón, celébrase unha das romarias máis antigas de Galicia, o San Ramón de Bealo, en Boiro, con máis de 250 anos de historia.
Desde as 9 da mañá a contorna da ermida de San Ramón de Bealo é un fervedoiro de actividade. Chegan os fregueses máis madrugadores que asisten ás primeiras misas para evitar as aglomeracións despois.
Os postos de comida prenden os fogóns para que non falte polbo, churrasco nin rosquillas á hora de xantar, e polo medio, os superviventes da noite de troula que comezou onte e seguen en pé de festa.
O San Ramón de Bealo é unha das romarías máis antigas de Galicia. Celébrase ininterrompidamente desde 1756. Para os veciños de Boiro é unha cita ineludible e din que acoden todos os anos por devoción ao santo pero tamén pola festa e a troula.
É o patrón das parturientas e unha das estampas típicas é ver mulleres xestantes que acoden a pedirlle ao santo por un embarazo e un parto sen complicacións como nos contan moitas das asistentes ás celebracións relixiosas.
E tamén acudiu hoxe Brais, un vendedor da ONCE que comezou a traballar hai tan so 5 meses e o venres pasado repartiu un premio de 64 mil euros. Veu ao San Ramón para que siga a racha,
Aínda quedan 4 xornadas de festa e celebración relixiosa que concluirán o domingo co Ramonciño Pequeno.