Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Samaín non foi propicio para o Coruxo no día dos goles pantasma

O Samaín non foi propicio para o Coruxo no día dos goles pantasma

Tiña o partido controlado co gol de Youssef, pero adormeceu e viu como o filial do Burgos remontaba con dous goles en tres minutos (1-2)

G24.gal 30/10/2022 13:59

O Coruxo tiña unha ocasión de ouro para poñerse na terceira posición da 2RFEF pero desperdiciuse ao perder diante do pechacancelas Burgos Promesas (1-2). 

O que vira o primeiro tempo non podería crer o resultado final. Marcou Youssef Al Watani un gol con moito suspense e o equipo dos irmáns Montes tivo un feixe de oportunidades. Mereceu marcar algún tanto máis e ir ao descanso cun marcador máis amplo. 

Na segunda parte o Coruxo xogou co resultado agardando algún contragolpe. O Burgos foi empurrando e sorprendeu co gol do empate á saída dun córner (tamén gol pantasma) e co segundo tres minutos máis tarde. Os goles de Tito e Erik deixaron tocado a un equipo vigués que tivo un remate de cabeza ao traveseiro para acadar o empate xusto no minuto 90. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos