Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán tentará remendar a malleira de Xirona diante do Tenerife

O Río Breogán tentará remendar a malleira de Xirona diante do Tenerife

O equipo canario, un dos mellores da ACB, perdeu os dous partidos que xogou esta semana

G24.gal 11/12/2025 14:55

O Río Breogán afronta a xornada 10 da Liga ACB disposto a remendar a imaxe da última xornada diante do Xirona. Unha derrota contundente que fixo dano no plantel. Claro que vai ter un dos peores rivais para reaccionar. Visita Lugo o La Laguna Tenerife, un dos conxuntos máis perigosos da competición. 

O Breogán ten un balance de 4 vitorias e 5 derrotas e conseguiu gañar os dous últimos partidos que disputou no Pazo. O Tenerife perdeu os dous últimos partidos que xogou. Na ACB, contra o Real Madrid cunha tripla de Llull no último segundo, e na competición europea tamén pola mínima diante do Trapani Shark (80-83). Por iso chegará a Lugo coas orellas tesas e disposto a curtar a xeira negativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar