Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán saca adiante un duelo vital diante do Palencia (73-65)

O Río Breogán saca adiante un duelo vital diante do Palencia (73-65)

O partido mantívose no arame ata que apareceron Momirov e McLemore con dúas triplas no treito final para decantar a vitoria

G24.gal 06/04/2024 21:21

O Río Breogán sacou adiante un partido vital para mantérense na ACB diante de Palencia. Para os dous equipos era unha final pola permanencia e o Breogán conseguiu deixar case afundido a un rival directo e saír do outro posto de descenso. 

Tivo un bo inicio o equipo de Mrsic pero sen conseguir diferenzas no marcador. Ao final do primeiro cuarto o resultado era de empate (16-16). No segundo chegou un momento crítico cun parcial de 0-12 para o cadro palentino que lle permitiu irse de dez (21-31). Custoulle moito recuperar ao cadro lucense pero cunha tripla de Momirov a seis segundos do descanso lograban equilibrar outra vez o marcador (33-35). 

O terceiro cuarto moveuse nunha gran igualdade (48-47) e foi no último no que se decidiu todo. Abriu brecha o Breogán (54-47) pero recuperou Palencia para poñerse de novo a un só punto (59-58). Quedaban tres minutos para o remate e apareceron Momirov e McLemore con dúas triplas seguidas para meter a directa (65-58) e deixar o partido visto para sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade