O Río Breogán pon fin á pretemporada cun Francis Alonso espectacular
O escolta anotou 22 puntos na vitoria diante do San Pablo Burgos (94-87)
O vindeiro sábado xogarán na pista do Lleida o primeiro encontro da tempada na ACB
Rematou a pretemporada do Río Breogán cun triunfo diante do San Pablo Burgos (94-87) e cunha actuación espectacular do escolta Francis Alonso. Procedente da Primeira FEB e sen moito cartel no mercado de fichaxes, Alonso foise ata os 22 puntos con catro triplas neste derradeiro amigable.
Foi un partido moi igualado contra outro equipo que a próxima temporada estará na máxima categoría do baloncesto español. Dominou o conxunto breoganista pero con vantaxes mínimas; 28-25 no primeiro cuarto e 46-40 ao descanso. No terceiro cuarto seguía por diante un Breogán (67-58) que acabou sufrindo polo bo final de partido de Budmunsson e Dani Díez.
Ademais de Francis Alonso, estiveron ben na anotación galega Dewayne Russell, Darío Dreznjac (11 puntos) e Brankovic (10 puntos). As probas remataron e o vindeiro sábado afrontarán o primeiro partido da ACB diante do Lleida.