Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán perde en Granada (80-70)

O Río Breogán perde en Granada (80-70)

O conxunto lugués queda con catro vitorias e catro derrotas

G24.gal 20/11/2022 22:29

O Río Breogán perdeu 80-70 na súa visita a Granada, a un equipo acabado de ascender á Liga ACB pero que comezou a temporada con forza.

Os granadinos foron sempre por diante no marcador. No descanso xa ían 11 arriba, 44-31. O paso polos vestiarios sentoulle ben o conxunto galego, que venceu o terceiro cuarto 18-23 e logrou colocarse a catro puntos ao comezo do derradeiro parcial. Porén, os de Pablo Pin romperon calquera opción de remontada e acabaron levando o partido. 

Bamforth con 14 puntos e Nakic con 11 foron os máximos anotadores no Río Breogán. No Granada destacaron os 13 puntos de Renfroe e os 15 de Niang.

Tras esta derrota, o conxunto de Mrsic queda no oitavo posto, con catro vitorias e catro derrotas, cunha boa vantaxe sobre os postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade