O Río Breogán arrincará a liga Endesa en Lleida
Os de Luis Casimiro empezarán o curso lonxe do Pazo por segundo ano consecutivo

Na fin de semana do Domingo das Mozas abrirase o pano do Pazo ante o Valencia Basket para que se peche na última xornada diante o Casademont Zaragoza. A nova tempada na liga Endesa del Río Breogán comezará lonxe de casa ante o Hiopos Lleida durante a fin de semana inaugural do San Froilán.
O comezo de tempada será lonxe do 'inferno celeste', xa que nas catro primeiras xornadas só xogarán ese encontro en Lugo. Os dous seguintes serán nas canchas do Casademont Zaragoza e na do Barça. O peche da primeira volta e do corte para os oito mellores clasificados, que disputarán a Copa do Rei, será unha das datas marcadas en vermello do calendario. Na fin de semana do 25 de xaneiro, o Real Madrid visitará Lugo para enfrontarse ao Río Breogán.
Dúas xornadas despois, será o momento do regreso de Toni Nakic co UCAM Murcia á que foi a súa casa durante as últimas tres tempadas. O último dos grandes favoritos da competición en pisar o Pazo será o Barça, que o fará na fin de semana do 8 de marzo, primeira xornada despois da parada da Copa do Rei.
Das catro últimas xornadas, serán tres os encontros que se disputarán no Pazo. Primeiro chegarán Hiopos Lleida e Bàsquet Xirona. Na penúltima xornada, o conxunto lucense visitará ao Unicaja. Todo para pechar a tempada no Pazo tras dúas tempadas consecutivas nas que tocou xogar o último duelo fóra. Este será contra o Casademont Zaragoza.
¡Y aquí, el 𝗖𝗔𝗟𝗘𝗡𝗗𝗔𝗥𝗜𝗢 de TODA la temporada 2025-26 de la #LigaEndesa!
— Liga Endesa (@ACBCOM) August 18, 2025
Repasa los partidos de cada una de las 3⃣4⃣ jornadas del curso, que arrancará el fin de semana del 4 y 5 de octubre.
🏀 Calendario completo: https://t.co/kEwXx9T9In pic.twitter.com/PJa71AvyHy