Publicador de contidos

Publicador de contidos

O réxime dos aiatolás gobernou Irán con man de ferro dende 1979

O réxime dos aiatolás gobernou Irán con man de ferro dende 1979

A morte de Ali Khameini deixa sen líder ao réxime dos aiatolás

Chegaron ao poder en 1979, despois da Revolución Islámica que derrocou a dinastía Pahlaví e supuxo o exilio do último sah de Persia

G24.gal 01/03/2026 17:22 Última actualización 01/03/2026 17:46

A morte de Ali Khameini deixa sen lider ao réxime dos aitolás que goberna Irán dende hai case 50 anos. Estableceuse en 1979 logo da Revolución Islámica que derroucou á dinastía Pahlaví e supuxo o exilio do último sah de Persia.

O país pasou dunha monarquía favorable a Occidente a unha teocracia islamista e antioccidental. 

Dende entón os aiatolás gobernaron Irán con man de ferro, reprendendo duramente calquera voz opositora, e sumiron ao país nunha grave crise económica. 

"A economía está abolutamente polo chan. O rial está completamente devaluado fronte ao dólar. A poboación soporta apagóns, a falta de electricidade. hai unha grande crise de auga na república islámica. A xente non ten nin acceso ás medicinas." Explica o experto en relacións internacionais José Manuel Estévez Saá.

Esta crise está detrás das protestas que se veñen sucendendo dende finais do ano pasado e que foron duramente reprimidas polo Goberno ata o punto que deixan xa milleiros de mortos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos