Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Lugo lembran a alcaldesa Paula Alvarellos no primeiro aniversario do seu pasamento

En Lugo lembran a alcaldesa Paula Alvarellos no primeiro aniversario do seu pasamento

A socialista faleceu hai un ano de forma repentina, a súa morte causara un grande impacto na cidade

Numerosos veciños acompañaron hoxe a familia e os seus compañeiros de partido e no concello nesta homenaxe

G24.gal 01/03/2026 14:28 Última actualización 01/03/2026 14:38

En Lugo hoxe lembraron a alcaldesa Paula Alvarellos finada deforma repentina hai un ano.  O seu pasamento causara un grande impacto na cidade.

No acto léronse poemas, un deles escrito polo concelleiro Pablo Permuy falecido tamén en decembro, e escoitouse a canción preferida da alcaldesa, 'La chica de ayer'. Aínda que a socialista, Paula Alvarellos, só estivo a fronte do concello durante 14 meses deixou unha fonda pegada na cidade.

O acto celebrouse no parque Rosalía a onde acodía con frecuencia para gozar da natureza e pasear. Foron moitos os lugueses que non quixeron perderse esta cita e estar ao carón da súa familia neste primeiro aniversario do seu pasamento. 

"Era unha persoa con moita empatía, cercanía, sensibilidade, de ahi gran resposta dos lugueses a esta homenaxe", di o alcalde Miguel Fernández, que presidiu o acto.  

Ao acto acodiron moitos compañeiros de partido entre eles o secretario xeral dos socialistas, José Ramón Gómez Besteiro, que dixo de Paula Alvarellos que era unha persoa :

"Volcada coas causas sociais, no desenvolvemento da cidade, sobre todo a súa gran humanidade, por iso hoxe está aqui toda a cidadanía luguesa, estamos lembrando que sempre seguirá entre nós"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade