Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I regresa á Zarzuela para recontrarse con Filipe VI tras dous anos

Xoán Carlos I regresa á Zarzuela para recontrarse con Filipe VI tras dous anos

Xoán Carlos I saíu do aeroporto vigués de Peinador pasadas as 8:30 da mañá para ir ao Palacio da Zarzuela

Don Xoán Carlos saíu da vivenda de Nanín a bordo do coche do seu amigo pouco antes das 7:40 da mañá

O rei Xoán Carlos chega á Zarzuela (EFE/Rodrigo Jiménez)
G24.gal 23/05/2022 07:59 Última actualización 23/05/2022 15:04

Tras 22 meses en Abu Dhabi, don Xoán Carlos regresaba á Zarzuela pouco despois das dez da mañá, no medio dunha grande expectación mediática e entre as aclamacións de medio cento de persoas que o agardaban.

Don Xoán Carlos, con americana e gravata, chegou a bordo dun vehículo sentado no asento do copiloto. Arredor de medio cento de persoas con bandeiras españolas recibiron o rei á entrada ao recinto do palacio para mostrarlle o seu agarimo. "Viva o rei!", berráronlle, ao que respondeu saudando coa man.

Na que foi a súa residencia oficial durante case medio século reencontrouse co rei Filipe, co que mantivo un encontro privado que quere poñerlle fin a un distanciamento de dous anos entre pai e fillo, que medrou en paralelo ás investigacións xudiciais sobre os negocios privados de Xoán Carlos I e culminou en agosto de 2020, cando abandonaba España para residir nos Emiratos Árabes. Foi hai unha semana, na visita de Filipe VI a Abu Dhabi, cando se concretaron algúns detalles deste reencontro.

Don Xoán Carlos, con americana e gravata, chegou a bordo dun vehículo sentado no asento do copiloto. Arredor de medio cento de persoas con bandeiras españolas recibiron o rei á entrada ao recinto do palacio para mostrarlle o seu agarimo. "Viva o rei!", berráronlle, ao que respondeu saudando coa man.

No mesmo avión privado en que saíu de Peinador cara a Madrid, o anterior xefe do Estado partirá ás sete desta tarde de regreso a Abu Dhabi. Evita así pasar a noite na Zarzuela, un dos puntos polémicos deste regreso, que vén precedido de tres meses de negociación entre a casa real, o círculo do rei Xoán Carlos e o Goberno, coa axuda dun mediador. Queda agora por ver se manterá viaxes periódicas ou opta por un regreso definitivo a España.

Xoán Carlos I aterrou no aeroporto Madrid-Baraxas preto das 9:30 horas deste luns nun voo procedente de Vigo. Desde alí desprazarase ata o Palacio da Zarzuela, onde se reencontrará co seu fillo, Filipe VI.

Xoán Carlos I saíu do aeroporto vigués de Peinador pasadas as 8:30 da mañá para ir ao Palacio da Zarzuela, case dous anos despois da súa marcha a Abu Dhabi, para reencontrarse durante unhas horas con Filipe VI, coa raíña Sofía e con outros membros da familia antes de volver ao emirato pola tarde. Encontro que non se recolle dentro da axenda oficial de Casa Real, ao tratarse dun acto familiar.

Dona Sofía regresou precisamente este domingo a Madrid tras realizar unha viaxe privada a Miami para participar nos actos polo V Centenario da volta ao mundo de Magallanes e Elcano organizada polo Queen Sofia Spanish Institute

O rei abandonou este luns á mañá a casa do seu amigo Pedro Campos, en Sanxenxo, cara ao aeroporto de Peinador.

Don Xoán Carlos saíu da vivenda de Nanín a bordo do coche do seu amigo pouco antes das 7:40 da mañá e, ante os medios de comunicación, reiterou que espera "moitos abrazos" deste encontro co seu fillo. Ademais volveu darlle "moitas grazas" á prensa polo seu traballo.

Aterrou o pasado xoves pola tarde en Peinador, na que foi a súa primeira vez en chan español desde o 3 de agosto de 2020, cando decidiu fixar a súa residencia en Abu Dhabi "ante a repercusión xerada por certos acontecementos pasados" da súa "vida privada", segundo el mesmo recoñecía na carta que enviou a Filipe VI.

Xoán Carlos I pasou a fin de semana en compañía do seu amigo o empresario Pedro Campos e asistiu, e mesmo competiu, ao Trofeo Viaxes Interrías 2022 a bordo do Bribón, que este domingo se converteu en campión da regata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade