Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid tivo que empregarse a fondo para derrotar o Obradoiro

O Real Madrid tivo que empregarse a fondo para derrotar o Obradoiro

Os galegos perdían por vinte puntos no segundo cuarto e chegaron a poñerse a tres a catro minutos do final

G24.gal 05/03/2023 19:05

O Obradoiro loitou ata a extenuación, non baixou os brazos malia chegar a ir case vinte puntos abaixo no segundo cuarto e estivo preto de darlle un susto a todo un Real Madrid.

O primeiro cuarto permitiulle ao Real Madrid colleitar unha boa vantaxe. Grazas a un parcial de 0-10 foise no marcador (6-17) e acabou o cuarto cunha cómoda marxe despois dun mate de Poirier (14-24). 

O partido parecía sentenciado cando o Chacho Rodríguez poñía un 16-35 mediado o segundo tempo. O Obradoiro fixo un parcial de 8-0 pero ao descanso a vantaxe de catorce deixaba o partido moi encamiñado para o Real Madrid (30-44). 

O terceiro cuarto moveuse nun intercambio de canastras no que os dous equipos amosaron a súa calidade ofensiva. No último minuto o Obradoiro conseguía baixar da barreira dos dez puntos (57-66). O Real Madrid sobrevivía grazas aos puntos de Musa. 

Foi un exercicio de tenacidade o que fixeron os locais para poñerse a 3 puntos a catro minutos do final (68-71). Claro que diante tiñan a un dos mellores equipos do continente que soubo aguantar a presión e acabou levando o partido por 78-84. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar