Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid resolve na prórroga un partido vibrante (3-2)

O Real Madrid resolve na prórroga un partido vibrante (3-2)

O Barcelona iguala ata en dúas oportunidades os goles do Real Madrid, pero Fede Valverde decide no minuto 97

G24.gal 12/01/2022 21:33

O Real Madrid estará na final da Supercopa que se está a xogar en Arabia logo de derrotar na primeira semifinal ao Barcelona por 3–2 tras un partido vibrante resolto na prórroga.

Entrou mellor o Real Madrid no partido avisando cun lanzamento alto de Asensio e un disparo de Vinicius con intervención de Ter Stegen. No minuto 25, Vinicius aproveitaba un pase en profundidade para marcar o primeiro gol. 

Non se fixo agardar a reacción do Barcelona. Luuk De Jong avisou no 29 e no 31. No 41, o dianteiro dos Países Baixos demostrou o seu gran momento rematando un rexeitamento para empatar o encontro. 

O inicio do equipo de Xavi na segunda metade foi moi bo, con Pedri e Luuk De Jong xerando perigo. Pero sería Benzema o que desequilibrou o marcador. No 68 rematou ao poste e no 71 empurrou á rede un centro de Carvajal. 

O Barcelona non dixera a última palabra. Xavi metera o galego Nico, a Memphis e a Fati, e Ansu, logo dunha longa ausencia por lesión, marcou nunha sorte que non é a que mellor domina, o remate de cabeza. Os cataláns acabaron os noventa minutos envorcados sobre a porta de Courtois á procura do gol que evitase a prórroga. 

O tempo suplementario comezou cun aviso de Abde, pero o Barcelona pagou a súa ambición e o Real Madrid argallou unha contra letal culminada por Fede Valverde no 97. Foi o golpe definitivo para un Barça que morreu na área do Real Madrid pero non sacou tallada dun partido espectacular. 

Real Madrid: Courtois, Carvajal (Lucas Vázquez 90'), Militao, Nacho, Mendy, Casemiro, Modric (Valverde 83), Kroos, Vinicius (Camavinga 109'), Asensio (Rodrygo 68), Benzema.

F.C. Barcelona: Ter Stegen, Alves (Nico 78'), Araújo, Piqué, Alba, Gavi (Memphis 78'), Busquets, Frenkie De Jong (Pedri 46'), Ferrán (Abde 46' Jutglá 109'), Luuk De Jong (Ansu Fati 66'), Dembelé. 

Goles: 1–0 Vinicius 25' 1–1 Luuk De Jong 41' 2–1 Benzema 71' 2–2 Ansu Fati 83' 3–2 Valverde 97'

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade