Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid, campión da Liga

O Real Madrid, campión da Liga

Resolveu o partido contra o Cádiz no segundo tempo (3-0) con goles de Brahim, Bellingham e Joselu

A derrota do Barcelona en Xirona fai que o título sexa matemático

G24.gal 04/05/2024 18:39 Última actualización 04/05/2024 20:53

O Real Madrid é o novo campión de Liga. Precisaba dous resultados e déronse. O Barcelona perdeu 4-2 no campo do Xirona e eles gañáronlle ao Cádiz por 3-0. Reservou moitos titulares pensando no Bayern e a volta da semifinal de Champions pero impúxose con certa claridade. 

Tardou en chegar o primeiro gol. Os de Ancelotti levaron o peso do partido pero no primeiro tempo non foron capaces de superar a porta de Ledesma. O Cádiz buscaba algunha aproveitar algunha ocasión e a piques estivo de facelo nun man a man de Chris Ramos que detivo Courtois, que volvía á titularidade despois dunha longa ausencia por lesión.

O partido mudou logo do golazo de Brahim. Desde ese intre o Cádiz amosouse impotente e o Real Madrid marcou outros dous goles. Bellingham, á procura do Pichichi, marcou o segundo e o silledense Joselu celebrou o terceiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Noticias relacionadas
Xirona 4-2 Barcelona
Pódeche interesar