O Real Madrid pasa aos cuartos do Mundial de Clubs ao ritmo de Vinicius
O brasileiro marcou o primeiro gol e asistiu a Valverde no segundo
Vitoria por 0-3 diante do Salzburgo e a Juventus será o seu rival na seguinte rolda
Ao terceiro día resucitou. Vinicius Jr., moi discreto nos dous primeiros partidos do Mundial de Clubs. O brasileiro destacou no último partido da fase de grupos cun gol e unha asistencia e o Real Madrid goleou por 0-3 ao Salzburgo para citarse coa Juventus nos oitavos de final.
O equipo de Xabi Alonso acabou como primeiro clasificado do Grupo H, con sete puntos e sen contar con Kylian Mbappé, afectado por unha gastroenterite pero que xa está adestrando con normalidade.
Alonso sorprendeu con tres centrais, formación que usou habitualmente no Leverkusen. O Salzburgo cedeulle o balón ao Real Madrid cunha presión alta pero os brancos atoparon os ocos para facer perigo. Bellingham xogou o mellor partido do campionato pero por riba de todos destacou Vinicius. No 40 marcou o primeiro e no 48 deu unha fermosa asistencia co calcaño para que Valverde marcase o segundo. O terceiro foi obra de Gonzalo García, cada vez máis asentado no primeiro equipo.