Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid leva o Teresa Herrera, pero non eclipsa ao Dépor (0-1)

O Real Madrid leva o Teresa Herrera, pero non eclipsa ao Dépor (0-1)

Un solitario gol de Brahim Díaz deulle a vitoria ao conxunto branco

O deportivista Noé Carrillo tivo que ser substituído por unha contusión no nocello esquerdo

EFE EFE
G24.gal 12/08/2026 22:06

Quecían os xogadores no campo cando se fixo a noite na Coruña, pero a eclipse de sol deu paso ao outro gran evento do día, o 81º Teresa Herrera. No último partido da pretemporada, o Deportivo da Coruña quería voar ao son de Xoel López e o seu novo himno. Trece anos que o Real Madrid non visitaba Riazor; era un partido especial en moitos sentidos. 28.789 espectadores no estadio seguiron o encontro, no que destacou unha bancada de Marathón Inferior con moitos asentos libres. 

O encontro comezou co Real Madrid dominando a posesión e o tempo de xogo, pero sen chegar con verdadeiro perigo á portería deportivista. A zaga do Dépor turraba ben das poucas chegadas do Real Madrid. No minuto 18', Noé Carrillo tivo que ser substituído tras lesionarse o nocello esquerdo nunha disputa co lateral madridista Álvaro Carreras. Entrou por el o capitán Diego Villares. Tivo a primeira e mellor oportunidade o Dépor por medio de Noubi ao saque dun córner, pero parou Lunin. Adiantouse ao remate da primeira metade o Real Madrid por medio de Brahim Díaz, que bate a Leo Román logo dunha gran xogada individual. 

No tempo de lecer presentouse oficialmente o novo himno do Dépor, VOA, creado por Xoél López e co que o club celebra 120 anos de historia. 

Xa na segunda metade, o Dépor intentou darlle a volta ao marcador, pero un gran Lunin baixo paus estragou todas as accións de ataque deportivista. Foi mellor o Dépor nestes segundos 45 minutos, pero sen resultados. O Real Madrid, gañou o seu 10º trofeo Teresa Herrera. 

O Deportivo de Antonio Hidalgo pensa xa no comezo da liga, na temporada do regreso a Primeira. O luns, primeira xornada ante o Elxe. 

Mañá ás 17h celebrarase o Teresa Herrera feminino entre o Depor Abanca e o Porto. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade