Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid leva o primeiro duelo co Barcelona na Supercopa

O Real Madrid leva o primeiro duelo co Barcelona na Supercopa

O partido decidiuse na prórroga cun resultado de 89-83

Tavares dominou o encontro (24 puntos) axudado polo exbreoganista Musa (19)

G24.gal 25/09/2022 20:52

O primeiro título de baloncesto nesta temporada gañouno o Real Madrid na prórroga. Na Supercopa disputada en Sevilla, a primeira metade estivo moi igualada, cunha pequena arreada dos barcelonistas no tramo final (29-37).

Na segunda metade tamén houbo moita igualdade, con Laprovittola asumindo a responsabilidade polo Barcelona e Tavares dominando no xogo interior do Real Madrid (24 puntos e 12 rebotes). O partido decidiuse a prol dos brancos na prórroga, porque ao final dos corenta minutos chegouse cun empate a 71. O resultado foi de 89-83, seis puntos a prol dos brancos e primeiro título para os de Chus Mateo nesta campaña.

Real Madrid 89 (17+12+26+16+18) Causer 3, Rudy 3, Hezonja, S. Rodríguez, Deck 15, Poirier 2, Tavares 24, Llull 14, Yabusele 9, Musa 19

Barcelona 83 (15+22+12+22+12) Sanli 21, Vesely 8, Martínez, Kalinic 8, Satoransky, Laprovittola 12, Abrines 4, Tobey 9, Kuric 10, Jokubaitis 11. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar