O Real Madrid, coleccionista de títulos
O equipo branco derrota o Eintracht por 2-0 na Supercopa de Europa
Alaba e Benzemá marcaron os goles

O Real Madrid derrotou o Eintracht na Supercopa de Europa e comeza a temporada tal e como rematou a anterior, erguendo un título europeo. É a quinta Supercopa europea que leva o equipo branco que busca o sextete nesta 22/23.
O partido foi de claro dominio madridista. O Eintracht saiu con moita forza tentando intimidar a Courtois. O belga salvou algún achegamento pero conforme pasaban os minutos o Real Madrid foi levando o partido ao rego. Xusto antes do descanso Alaba marcaba o primeiro e encamiñaba moito a final.

O segundo tempo foi de dominio absoluto do Real Madrid. Casemiro mandou un remate ao traveseiro, Vinicius tivo a súa ... e á terceira Karim Benzemá non errou cun disparo desde a frontal da área.
Real Madrid: Courtois: Carvajal (Rudiger 85'), Militao, Alaba, Mendy; Modric (Rodrygo 67'), Casemiro, Kroos (Tchouameni 85'); Valverde (Camavinga 76'), Benzemá, Vinicius (Ceballos 85').
Eintracht: Trapp; Touré (Alario 70'), Melo, Ndicka; Knauff, Rode (Gotze 58'), Sow, Lenz; Kamada, Lindstrom (Kolo 58'), Maury.
1-0 Alaba 37' 2-0 Benzemá 65'
