O Rambo galego acolleuse ao dereito a non declarar polos roubos de comida cando estivo fuxido
O Rambo estivo fuxido durante 11 meses en diversas zonas de Ferrolterra e o Eume
Das cinco vítimas dos seus furtos só unha mantén a denuncia

Alfredo Sánchez Chacón, alcumado o Rambo galego, negouse a declarar sobre os roubos de comida en vivendas cando estivo fuxido durante 11 meses en diversas zonas de Ferrolterra e o Eume.
O Xulgado de Ferrol que leva o caso tomoulle declaración por videoconferencia dende a prisión de Teixeiro onde se atopa. El acolleuse ao seu dereito a non declarar.
Das cinco vítimas dos seus furtos só unha mantén a denuncia, mentres que as outras 4 renunciaron.
Sánchez Chacón cumpría condena no penal de Monterroso pola morte dun disparo a un mozo en Cuntis en 1996. Tras un permiso penal, non regresou a Monterroso e estivo fuxido polos montes da comarca ferrolá.
O febreiro pasado foi descuberto intentando entrar nunha casa de Loira, en Valdoviño. Dous veciños perseguírono e coa axuda dun garda civil fóra de servizo ao que alertaron, lograron capturalo.