O Rácing vive un vaivén de sensacións contra o Mérida (2-2)
O Rácing ía gañando no minuto 89, perdendo no 93 e empatou no 102
Mardones marcou a propia meta e logrou o definitivo 2-2
O Rácing salvou un punto no minuto 102 nun partido que tiña perdido e que pouco antes do do 90 parecía ter gañado.
Todo sucedeu contra o final. O 1-0 para o Rácing chegou nun penalti cometido sobre Zalaya que transformou Álvaro Peña.
Con este resultado chegouse aos minutos finais. Nunha acción desgraciada para os galegos, un centro de Artola golpeou en Mardones e introduciuse na meta do Rácing. A posición de Artola era moi dubidosa.
Catro minutos despois, unha xogada rápida do Mérida traduciuse no 1-2. Álvaro García cabeceou á rede.
E cando semellaba que os tres puntos ían fuxir da Malata, o Rácing salvou polo menos un. Mardones, con decisión, rematou un centro de Edgar, e desquitouse do mal trago do autogol.
Foi un final para non esquecer, con varios expulsados no banco do Mérida.