Cargando resultados...
O Rácing Vilalbés busca escribir a páxina máis brillante da súa historia
O Rácing Vilalbés busca escribir a páxina máis brillante da súa historia
Está a un partido de ascender á 2ª RFEF
O partido verémolo ás 17:00 horas en directo por G24.gal
G24.gal
02/06/2023 20:24
O Racing Vilalbés pode certificar unha temporada histórica este sábado na Rioxa acadando o ascenso á Segunda Federación. No municipal da Magdalena houbo empate a un gol, pero o Vilalbés xa foi quen de gañar no campo do Rápido de Bouzas e do Arousa nas dúas roldas anteriores. Unha temporada a decidir en 90 (ou 120) minutos ante La Calzada. Poderán seguir o encontro, en directo, ás 17:00, por G24.gal.