Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing vence o Spórting de Xixón cos goles de dous ferroláns

O Rácing vence o Spórting de Xixón cos goles de dous ferroláns

Héber Pena e Álex López deron o triunfo na Malata

O equipo de Cristóbal sitúase nos postos altos con 7 puntos de 9 posibles

G24.gal 27/08/2023 20:02

O Rácing estreábase como local na Malata e non tivo mellor xeito de facelo que cunha gran vitoria fronte o Spórting de Xixón.

O equipo de Cristóbal Parralo comezou forte o encontro, dispondo das mellores ocasións na primeira metade. O colexiado, coa axuda do VAR, anuloulle o tanto a Carlos Vicente por un fóra de xogo milimétrico, mais os locais non cesarían e seguirían buscando o tanto. Chuca tivo que saír por unha lesión e o seu substituto, Héber Pena, sería o xogador que desequilibraría o encontro. 

No Spórting de Xixón só Haissem Hassam achegaría perigo para os visitantes.

Na segunda metade o xogador da casa, Héber, sería decisivo. No minuto 52 entraría na área, recortaría cara dentro e o seu disparo entraría polo ángulo. 

Os asturianos buscarían o empate e chegarían con moito perigo a portería de Cantero, mais no 86 Álex López aproveitaría un balón solto na área pequena, anotaría o 2-0 e o encontro chegaría a súa fin.

O Rácing de Ferrol volveu vencer na Malata en Segunda División despois de 15 tempadas e o destino da vida faría que os goles fosen de dous ferroláns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade