Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing supera o Arenteiro no derbi da Malata(2-0)

O Rácing supera o Arenteiro no derbi da Malata(2-0)

Antón Escobar marcou os dous goles departamentais

O Rácing racha coa xeira de catro derrotas consecutivas

O Arenteiro vai seguir en postos de descenso

@racingferrolsad
G24.gal 24/01/2026 18:05

O Rácing levouse o derbi ante o Arenteiro grazas á súa efectividade no remate.

Primeiro exemplo. Levábanse segundos de partido e un centro desviado de Jaume Cuéllar obriga a unha intervención salvadora de Perera.

Tres minutos despois, o colexiado sinala penalti por derrubo de Jordan a Alvaro Giménez que Antón Escobar, tras rexeite inicial de Alvin, o propio dianteiro acaba por converter no un a cero.

Os ferroláns foron superiores no primeiro tempo no que incluso puideron aumentar a súa vantaxe neste remate de Alvaro Juan a pase de Escobar que formou no eixo do ataque con Álvaro Giménez.

A media hora de xogo, o Arenteiro volveu contar con outra clara ocasión para marcar, pero de novo apareceu Parera para deter o remate de Mingo.

E como sucedera no inicio do partido, os locais golpearon por segunda vez, de novo nunha acción polémica que necesitou da axuda do vídeo para determinar a validez do tanto de Escobar, no que os ourensáns reclamaron man do goleador racinguista.

As cousas mudaron no segundo tempo no que o Arenteiro foi mellor pero seguiu malgastando ocasións diante de Parera.

O meta balear tivo que intervir ata en tres ocasións para evitar os goles de Mingo por dúas veces e de Diego Moreno noutra.

O Rácing volvía o camiño da vitoria logo de catro derrotas consecutivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade