O Rácing sentencia en Pasarón na primeira media hora (0-2)
Carlos Vicente, en claro fóra de xogo, e Joselu marcaron os goles
Primeira derrota como local do Pontevedra
O Rácing rematou a mala serie de resultados do mes de novembro e comeza decembro coa moral arriba despois do triunfo en Pasarón por 0-2. É a primeira derrota como local do Pontevedra en toda a temporada e seguirá unha xornada máis en postos de descenso.
Antes da media hora o equipo de Cristóbal Parralo xa tiña marcados os dous goles. No 14 anotou Carlos Vicente en claro fóra de xogo. No 30 Joselu aproveitaba a primeira titularidade da temporada para marcar o terceiro gol da temporada.
O partido foi un ida e volta na segunda parte con moitas ocasións e pouca efectividade. O Pontevedra estragou as súas para meterse no partido e o Rácing xogando ao contragolpe tamén tivo oportunidades para poñer o terceiro. Non se moveu o marcador e o Rácing cortou a serie de catro xornadas sen gañar.